Encontro Principia: a primeira oportunidade para o talento en innovación


O evento, que contará coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, será un punto de encontro para os únicos protagonistas do programa Principia, como son os técnicos e investigadores, así como os responsables das entidades contratantes, que nos permitirá compartir experiencias en torno ao talento e as novas oportunidades profesionais en Galicia.

Formulario de inscrición e programa dispoñibles nesta ligazón.