A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de innovación (GAIN), celebra o vindeiro 13 de novembro no CIS Galicia (Ferrol) o encontro "Ecosistema do deseño para a innovación empresarial”.
Este evento do Programa de Deseño para a Innovación 2020 ten como principal obxectivo contribuír á configuración dun ecosistema do deseño en Galicia coas características necesarias para garantir o seu impacto sobre a innovación empresarial.
Neste marco, busca fomentar o intercambio de coñecemento, a difusión de boas prácticas e o establecemento de contacto entre os e as profesionais do deseño, as asociacións que os representan, as institucións académicas vinculadas ao sector e a industria galega.
A conferencia inaugural estará a cargo do responsable de deseño do Zentre Donostia Design Institute, Alberto Barreiro, que abordará a importancia do deseño como competencia clave para as empresas e entidades que apostan pola innovación.
Os participantes terán ocasión de coñecer o impacto positivo da actividade asociativa sobre o desenvolvemento do sector tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas, como Madrid, Barcelona, Comunidade Valenciana, Euskadi e Andalucía.
Ademais, as principais escolas de deseño galegas compartirán as súas experiencias de transferencia de coñecemento e talento á industria.
PROGRAMA
9.30 - 9.45 h
Rexistro de asistentes.
9.45 - 10.00 h
Apertura do encontro por Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación GAIN)
10.00 - 10.45 h
Conferencia inaugural: O deseño como elemento transformador do talento e a creación de valor. A importancia do deseño como competencia e disciplina clave para empresas e entidades que apostan pola innovación.
Nela exporanse, ademaisde tendencias e aspectos conceptuais, os fundamentos do Zentre Donostia Design Institute vinculado ao deseño que promoven Fomento de San Sebastián e o grupo Barrabés. Alberto Barreiro, responsable do Zentre Donostia Design Institute.
10.45 - 11.15 h
Posicionamento estratéxico do deseño na Comunidade Valenciana. As industrias do deseño na Comunidade Valenciana e o estudo sobre o impacto do sector deseño sobre a súa contorna socioeconómica.
María Navarro, xerente da Asociación de Diseñadores da Comunidade Valenciana (ADCV).
11.15 - 11.35 h
A experiencia da Central de deseño Matadero e os seus profesionais asociados comoespazo de referencia para a difusión do deseño en Madrid.
Pedro Feduchi, ex-presidente da Asociación de Diseñadores de Madrid (DIMAD) e membro dopatronato da Fundación DIMAD.
11.35 - 11.45 h
Preguntas.
11.45 - 12.30 h
PAUSA - CAFÉ
Óscar de Toro – Barista
12.30 - 13.20 h
O deseño industrial e gráfico no ámbito social, cultural, institucional e empresarial catalán.
12.30 - 12.55 h
Gennís Senén, vogal de ADIFAD (Vocalía de Xuventude).
Deseñador de produto e socio fundador de Gravina. Asociación de Diseño Industrial del Fomento de las Artes y el Diseño (ADI-FAD).
12.55 - 13.20 h
Daniel Ayuso, Presidente Asociación de Directores de Arte y Diseñadores Gráficos (ADG-FAD)
13.20 - 13.45 h
Promoción e dinamización do deseño no ámbito empresarial e institucional a través do BCD. Alba Obiols, Project Manager - Departamento de Innovación e Estratexia, Centro de Diseño de Barcelona BCD.
13.45 - 14.10 h
O recoñecemento social ao deseño en Andalucía. Granada Barrero, presidenta da Asociación de Diseñadores de Andalucía (AAD).
14.10 - 14.30 h
Preguntas.
14.30 - 16.00 h
ALMORZO
Lucía Freitas (restaurante A Tafona), cociñeira membro do Grupo Nove.
16.00 - 16.45 h
Mesa de debate: O papel das escolas superiores de deseño e arte e o seu impacto no tecido socioeconómico galego.
16.45 - 17.15 h
A identidade visual no ámbito do público. A experiencia da cidade de Oporto.
Eduardo Aires, fundador de Whitestudio.
17.15 - 17.40 h
Conclusións do encontro e papel do Cluster de Comunicación Gráfica galego na difusión e promoción do deseño en Galicia.
David Silvosa, secretario de deseño do Cluster de Comunicación Gráfica.
17.40 - 18.05 h
Conclusións do encontro e papel da Asociación Galega de Deseño (DAG) na difusión e promoción do deseño en Galicia.
Irene García, presidenta da Asociación Galega de Deseño (DAG).
18.05-18.15 h
Preguntas.
18.15 h
Clausura do encontro por Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN).
Inscripción AQUÍ
Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto a través do correo electrónico centros.gain@xunta.gal ou no teléfono 981 957 000
2024 © Cointega. Política de privacidad Política de Cookies