Le informo que los días 30 y31 de julio se celebrará en A Coruña, un Festival del Diseño, con un formato híbrido presencial y oline, que reunirá el mejor deseño gallego, además de referentes internacionales: Galicia Design Weekend #GDW21.
Más abajo encontrará toda la información relativa a este evento que promueve el Cluster de Comunicación de Galicia.
É un pracer anunciarvos que, os vindeiros 30 e 31 de xullo, na cidade da Coruña, vaise celebrar un festival do deseño pioneiro na comunidade cun formato híbrido, presencial e oline, que reunirá o mellor do deseño galego xunto con referentes internacionais: O Galicia Design Weekend #GDW21.
Este evento, organizado polo Cluster da Comunicación de Galicia e a axencia Follow, coa Asociación Galega de Deseño (DAG) como socia, será de acceso gratuito.
Conta tamén cun completo programa de desenvolvemento sostible nos eidos ambiental e social. Así, a pegada de carbono do festival será comunicada e compensada.
PROGRAMA GDW -4 EIXOS DIFERENCIADOS
A programación do festival divídese en catro eixos:
Pro: conferencias, charlas e proxeccións na Fundación Barrié. Precisa inscrición previa: www.dice.fm.
Showcase: exposicións, hasta finais de agosto, na Fundación Barrié e nos Cantóns.
Showroom: escaparate dixital de creación e espazos de deseño galegos na web do Festival.
Creative Camp: workshops e portfolio review na Fundación Luis Seoane.
PRO: 2 DÍAS DE CONFERENCIAS E PROXECCIÓNS
O Pro do Galicia Design Weekend terá lugar na Fundación Barrié os días 30 e 31 de xullo de 10:00 a 20:00 horas e acollerá dous días enteiros de conferencias e charlas con profesionais de referencia do deseño en Galicia e a nivel internacional que poderán seguirse de forma presencial ou online. Tamén incluirá a proxección de documentais de deseño seleccionados pola Asociación Galega de Deseño (DAG) os dous días de 16:00 a 17:15 horas. Para poder asistir é necesario obter a entrada gratuíta na plataforma www.dice.fm
SHOWCASE: EXPOSICIÓNS #omellordeseñodoano #novodeseñogalego
No Showcase haberá dúas exposicións dedicadas ao deseño que estarán desde o 30 de xullo e ata o 29 de agosto en diferentes espazos da cidade.
A Fundación Barrié acollerá a expo #omellordeseñodoano, cos traballos e traxectorias galegas premiadas en diferentes certames de prestixio internacional.
Cantóns serán o escenario na rúa da exposición #novodeseñogalego, cunha mostra do mellor talento emerxente da comunidade
MÁIS INFO E DATOS
Web: www.gdw.gal
Entradas acceso PRO: www.dice.fm
Evento Gratuito
Evento físico & online
Espazos: Fundación Barrié , Cantóns, Fundación Luis Seone
PATROCINADORES E COLABORADORES
Porque ó final, todo esto é posible grazas a unha importante rede de apoio:
Xunta de Galicia, a través do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-2022 e da colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña e a Deputación da Coruña.
Tamén colaboran co festival a Fundación Barrié, a Fundación Luis Seoane, a Fundación DIDAC, Studio Follow, o FAD, DICE, Verde e Miraveo.
2024 © Cointega. Política de privacidad Política de Cookies