O espazo “Galicia On” falará hoxe da industria galega que máis está a medrar: a do téxtil, un sector que xa superou o do automóbil en exportacións, o que fai que sexa líder en Galicia e tamén no conxunto español, cunha facturación de máis de 5.000 millóns de euros, segundo os datos do 2016.
O programa amosaralles aos espectadores dúas empresas galegas ben innovadoras. A primeira, Alazia Couture, é unha alternativa ecolóxica e respectuosa co medio ambiente que fai prendas de roupa a partir de materiais tan curiosos coma botellas de plástico recicladas ou proteína de leite.
A través de Selmark, o programa observará o importante que é, nunha empresa con máis de 40 anos de traxectoria, investir en I+D. A robotización de procesos e o pioneiro corte por láser para os seus suxeitadores son algunhas das achegas que manteñen esta marca coma unha das máis importantes do país en lencería.
Podes ver a reportaxe completa AQUÍ
2024 © Cointega. Política de privacidad Política de Cookies