Xornada TENDENCIAS SECTORIAIS E RETOS COMÚNS NA INDUSTRIA GALEGA. Iniciativa "Por unha alianza no sector industrial galego"


Poñémonos en contacto con vostedes para informarlle da xornada "Tendencias sectoriais e retos comúns na industria galega" que terá lugar o próximo 31 de outubro no Consorcio da Zona Franca de Vigo. O evento está organizado polo CES Galicia coa colaboración do Consorcio Zona Franca de Vigo e IGAPE .

 

Na primeira xeira de intervencións, a cargo de protagonistas do sector manufactureiro galego no ámbito da automoción,téxtil, equipamento electrónico e software industrial, realizarase un exercicio de prospectiva tecnolóxica e análise de cambios nos modelos de negocio co obxectivo de observar patróns evolutivos sectoriais e retos compartidos.

 

Na segunda rolda de intervencións, representantes de UGT, CIG, CC.OO. e da Confederación de Empresarios de Galicia expoñerán as súas perspectivas sobre o panorama futuro do sector industrial galego.

 

PROGRAMA DA XORNADA

11:00 Apertura da xornada a cargo de Francisco Conde (Conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia), Teresa Pedrosa (Delegada do Consorcio da Zona Franca de Vigo) e Corina Porro (Presidenta do CES Galicia).

 

11:30 Análise das forzas subxacentes de cambio no ámbito tecnolóxico, organizativo e en modelos de negocio na industria galega. Identificación de retos comúns.

Modera: Antonio Sartal (Universidade Nova de Lisboa)

Diego Piñeiro (Responsable I+D+i en SELMARK)

Iago Rodicio (Director PARSEC Iberia)

Carlos Groba (Director TIC MARINE INSTRUMENTS)

Luis M. Lozano (Supply Chain Transformation en PSA-Vigo)

 

13:00 Preguntas e debate

 

13:15 Mesa redonda “A visión dos interlocutores sociais”. Representantes dos tres sindicatos maioritarios (UGT, CIG, CC.OO.) e da Confederación de Empresarios de Galicia expoñerán as súas perspectivas sobre os retos aos que se enfronta o sector industrial.

Modera: Xosé H. Vázquez (UVigo e CES Galicia)

Javier Carreiro (Secretario Xeral de Industria FICA-UGT)

Miguel Malvido (Secretario Confederal de Institucional da CIG)

Victor Ledo (Secretario Xeral da Federación de Industria de CC.OO. Galicia)

Jorge Cebreiros (Vicepresidente da CEG)

 

13:45 Preguntas e debate

 

14:00 Peche da xornada

 

A participación é gratuíta con prazas limitadas. Pregamos confirmar asistencia no seguinte enlace:

 

CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA


Ultimas Noticias

Jornada Tech: IA aplicada al textil

Cointega promueve el cambio del sector textil apostando por la IA

Cointega se reune con el Conselleiro de Empleo, Comercio e Inmigración

Green Thursday: La Galicia sostenible del futuro


Últimos Tweets

@COINTEGA Abierta la convocatoria del programa Eduemprende IDEA 2015, dirigida a los alumnos de artes plásticas y diseño de... http://t.co/fzR4JuX4Xn 28-05-2015
@COINTEGA ICEX apoya a las empresas para obtener financiación del BID y del Banco Mundial http://t.co/uTorSKuELK 21-05-2015