Momad Metrópolis é unha cita de referencia para a industria da moda española. Máis de 900 firmas nacionais e internacionais presentaron coleccións para este inverno e tamén para a próxima temporada primavera-verán. Galicia conta cunha ampla representación.
Aí, lucindo, o Premio Nacional á Moda e Excelencia Profesional. Un recoñecemento que lle chegou a Tartaruga Spirit días antes de afrontar unha nova aposta.
É unha das dezaseis firmas galegas que veñen a Momad Metrópolis a presentar as súas coleccións. Viriato, Oki, Carmén Melero ou Alba Conde son xa clásicos desta feira.
A feira abriu este ano o espazo MOMAD 4.0, unha resposta á necesidade da industria de prestar atención á transformación dixital.
2024 © Cointega. Política de privacidad Política de Cookies