Entrevista ao Secretario Xeral de Cointega, Alberto Rocha.
Galicia acadou novo récord de exportacións no ano 2017. É a sexta autonomía máis exportadora, e hai dúas provincias A Coruña e Pontevedra que se sitúan entre as 10 que máis venden ao exterior.
A Unión Europea e ó destino do 75% das exportacións. O textil, a automoción e a pesca seguen liderando o comercio exterior.
O Secretario Xeral da Confederación de Industrias textís de Galicia salienta a consolidación nos mercados exteriores.
"Os principais mercados aos que se dirixe a exportación de confección e textís de Galicia vanse incrementando, estamos ante un proceso de consolidación de mercados exteriores".
Son máis de 400 empresas téxtil galegas as que venderon ao exterior no ano 2017.
"Desde A Coruña, onde o efecto Inditex é claro é o 42% das exportacións de roupa españolas. En segundo lugar está Barcelona, tamén moi influída polo efecto Inditex, porque varias das súas cadenas teñen a súa sede social alí. En terceiro lugar temos a Zaragoza e en cuarto lugar Madrid. En Zaragoza (12%) sitúase un dos centros loxísticos máis importantes de Inditex e onde se produce unha parte importante tamén das súas exportacións "
A Moda galega conseguiu situarse nos principais mercados mundiais e especialmente nos europeos: Francia, Italia, Reino Unido e Alemaña sono por esta orde os principais destinatarios de téxtil galego grazas en gran parte ao modelo de internacionalización desenvolvido polas empresas.
“Consiste en implantarse cando a empresa ten unha certa dimensión, iso da estabilidade. Non é o mesmo ter que campaña a campaña ter que asistir a feiras, ou a través de ventas puntuais que se van renovando, vender a uns clientes mediante exportación típica e tradicional, que cando un esta implantado cunha filial con puntos de venta propios ou franquicias nun mercado que garantiza continuidade.
O Secretario Xeral afirma que o sector téxtil está creando emprego cada vez máis cualificado. Ademais é o sector que primeiro se adaptou á globalización o que implica eficiencia.
Podes escoitar a entrevista completa AQUÍ (Minuto 24)
2024 © Cointega. Política de privacidad Política de Cookies