A Universidade da Coruña prepárase para a estrea das súas novas titulacións con vistas ao próximo curso. É o caso do novo Grao en Xestión Industrial de Moda que se impartirá no Campus de Ferrol. Esta tarde celebrouse unha xornada de portas abertas para os estudantes.
Expectación e interese na presentación do Grao en Xestión Industrial de Moda que a partir do curso que vén se impartirá no Campus de Ferrol.
O grao, de nova implantación, conxuga deseño e xestión. É un grao bilingüe e para acceder a el os estudantes deberán acreditar o nivel B1 de inglés antes do 1 de xuño. Este é un dos aspectos que eloxiou a experta Pilar Riaño, directora dun portal web líder en información económica de moda. O grao impartiráse na Facultade de Humanidades.
2024 © Cointega. Política de privacidad Política de Cookies